martes, 28 de diciembre de 2010

A importancia da pala aberta ou cerrada no arado de vertedera.

      Hoxe quixera facer unha pequena reflexión, sobre a importancia de levar a pala aberta ou cerrada nun arado de vertedera. Dito así, calquera pode pensar, e que carallo máis dá. Pois non benqueridos amijos, non vos é así. A ver si o dou explicado ben e xa veredes coma a próxima vez que vaiades votar as patacas habédesvos fijar na dichosa pala do arado.


      Recordo unhas palabras que unha vez me dixera meu avó, xa hai tempo disto, un día que estabamos a votar nas patacas. Daquela, claro está, non había tractores e o tiro do arado era con forza animal: dúas vaquiñas; había quen tiña bois pero nós tiñamos vaquiñas que tanto servían para ir buscar a leña, votar as patacas coma dar unhas cunquiñas de leite. En fin que meu avó dixo: Arar, arar… ara calquera, pero arar ben non che é doado. Home, dito así tampouco me pareceu tan transcendental, pero pasado o tempo decateime que si tiña razón o vello.
      Veredes, o arado de vertedera, como todos vos sabedes, ten un certo ánjulo de inclinación e ademais tamén ten un radio de torsión. Isto é para que a terra vire mellor no rejo, dependendo da velocidade con que tiren os animais e a destreza do jiandeiro que vai ajarradiño ás rabelas do arado. Tampouco parece complicado entendelo. O carallo é cando a velocidade disminúe ó lonjo do rejo, que daquela o pico do rejo no empezo queda moi ben pero á metade, casi queda plano. Falta de velocidade que impide que a terra dea volta. Podiamos expresalo nunha ecuación que máis ou menos sería a sijiente: Rejo ( R j ) = Velocidade animal ( V a ) + Ánjulo do arado ( A a ) multiplicado por o radio de Torsión ( r T ) e todo isto partido por a Destreza do arador ( D a ). Posto nunha formula matemática sería a sijiente:

                                                                Rj = (Va + Aa) * rT
                                                                               Da
     

       
        Aquí era cando viñan os problemas. No primeiro rejo, o arador enfiaba a bica do arado para empezar, as vacas listas na jrella de saída, o que chamaba ás vacas coa vara en ristre para que non se saltaran o semáforo en roxo, os dos cadullos co raño en posición coma se foran os xuices de pista, outros cos caldeiros das patacas e do abono e máis homes e mulleres con raños e rañicas para mazar no rejo.

      Dios, aquilo parecía unha carreira de Fórmula 1, so faltaba que o semáforo se puxera en verde e as vacas queimaran roda, dándolle ó rabo. Manuel da Pena Alarjada, que era o que iba trincado nas rabelas, miraba para o semáforo, co corazón a cento dez pulsacións… e entón berraba: vaaaaacccccaaa vaaaiii, cajónnnnn dios imos aló,
      Diossssssss, salían aqueles bichos queimando roda polo campeiro arriba, o fuciño metido case que á carón. Susiño, que era o que as chamaba, ajarrado á vara, tirando casi polas vacas, e Manuel carjando nas rabelas. Tiña que ir fondo o arado senón as patacas non nacían. Xa estaba a carreira, ou planta, lista. Adrenalina es estado puro.

      Cando chejaban ó final do rejo, Manuel tiraba polas rabelas, levantáballe a trapela e dáballe volta ó arado, de paso que Susiño viraba as vacas, enfilándoas cara outro rejo. Había que espanar ajora.

      Pero era daquela cando entraba o Safety car en pista, nin se podía adiantar, nin siquiera sejir con outro rejo; é dicir, entraba María da Perna Curta, (chamada así porque a pobriña tiña unha perna máis curta ca outra), a votar o abono no rejo. Sempre lle tocaba a ela aquel traballo, ademais parecía feito á súa medida, pobre. Ela, que ó ter aquela deficiencia, andaba trónquele-trónquele, que coas perniñas como as tiña non era de extrañar. Ai si! Pero cando botaba o abono, o carallo! Metía a perna larja no rejo e a curta por fóra. Meu fillo! como crabuñaba aquela María rejo arriba, espaleando abono. Era digno de ver, corría que daba justo vela. Cando xa estaba chejando ó final, era coma cando o Safety car apaja as luces, avisando ós corredores que na sijiente volta xa está a carreira lanzada.

      Así o entendía Manuel, ajarrado outra vez ás rabelas, o pé no rejo e os ollos fixos no cú da vaca, esperando a saída final do coche de sejuridad para poder saír pitando rejo abaixo. So faltaba A Sexta retrasmitindo a señal para toda España e de cando en vez os comentarios do Calvo e Marc Gené, esbardallando sobre as acometidas da planta. E tamén, claro está, unhas imaxes polo medio cunha cámara subjetiva no testuzo de Manuel, vendo a imaxe desde a posición do arador, cun rótulo abaixo da tele que diría On board Manuel da Pena Alarjada e indicándonos tamén a Forza G que ese home era capaz de ajuantar nos vaivéns do arado.

      A partir do doceavo rejo, (máis ou menos, dependía moito da carja de combustible que levara o arador, isto é, viño de barril, canto máis malo mellor) acostumbrábase a facer o primeiro “stint”, é dicir, entrar en boxes a repostar. Tal cual, mirade. O Susiño, como xefe de mecánicos, co chupete levantado diante das vacas, ou sexa a vara. Mentres non a baixara non podían saír. Manuel repostando combustible. A tía Dorinda limpándolles as moscas ás vacas, como o outro cando lle limpa a visera do casco a Hamilton. E os demais dando instruccións de como facer ben a mesa do rejo.

      Despois do tempo xusto no “Pit Lane”, salían escopetados outra vez á voraxine da carreira. Pero amijo, despois de catro rejos máis, era cando facía “jreinin” o arado, é decir, empezaban a quedar eses cotillos (boliñas de terra) encima da mesa do rejo que había que mazar coa rañica. Aí viña o problemón. Xa había que tocar a aerodinámica do arado. Canto máis carja de ala levaba, máis desjastaba a roda e máis “jreinin” facía o arado. Entonces era cando os ingenieros, que os había, poñíanse a dilucidar que carja lle metían ó arado.

      E aquí está a importancia pola que empezou todo isto: cerraban a pala ou abríana?. Larjas discusións teño visto eu por este motivo. Así como na Fórmula 1 non é fácil atopar o paquete aerodinámico, no arado tampouco é fácil darlle co jrado de inclinación da pala do arado. Poucos aradores teñan moi claro que cantidad de jrado meterlle dependendo da humidade do terreo, da pendente e incluso da velocidade dos animais. Porque ó final o que se quería era que o rejo quedara sin “jreinin”, non quedaba bonito, nin as patacas salían dereitiñas.

      Si aljén ten claro que ánjulo ten que levar a pala do arado de vertedera ou sabe como resolver a fórmula de arriba, pódeme dar unha explicación, que para a próxima vez que vaia votar as patacas, eille estar moi ajradecido.

Un saúdo e boa planta.

Xan das Bolas

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.