domingo, 30 de enero de 2011

AS RECETAS DA MADRIÑA

          Hoxe imos ver como se fai o licor de lorbajas ao feito tradicional. Esta é unha receta da madriña que xa ela a oíra aos vellos da súa casa. Arjiñano ao lado do rapaz este da licorería quédase moi curto.

Podedes ver a receta pinchando este enlace:

http://www.youtube.com/watch?v=RoupKKjGsvc

Bo proveito.

Xan das Bolas

miércoles, 19 de enero de 2011

A MATANZA DO PORCO

Estaba eu o outro día nun hipermercado esperando na cola da carne, mentres miraba como a carniceira cortaba uns cachos de raxo cunha destreza que casi daba medo, cando me acordei dos meus tempos mozos. Na miña aldea non había hipermercados, nin súperes, nin nada diso para ir buscar carne. Había si, a típica taberna, na que tanto che poñían un jrolo de cariñena como che vendían un par de zapatos ou un quilo de touciño. Daquela se podías cebabas un porquiño na casa e cando chejaba o tempo do frío, a partir do mes de novembro, matábalo, despedazábalo, metíalo en sal durante quince ou vinte dias, e lojo curábase no lume da lareira. Que boa estaba aquela carniña, aqueles touciños, aqueles xamóns, os chourizos…! E que día o da matanza!

 Dios aquilo era casi un día festivo, e iso que había moito traballo, xa dende moi cediño. Había que madrujar para lavarlle o cortello ao porco, valdealo ben, que non tivera nada de porquería no chan. Non se lle podía dar nada de comer ao animal, para que as tripas deran menos que lavar. Tamén había que preparar o banco da matanza. Isto era un banco duns cincuenta ou sesenta centímetros de altura feito de tablóns jordos e cos pés do banco escanchados, para que tivera máis estabilidade, que se non o porco era capaz de tirar con todo e con todos. Normalmente para matalo había que buscar xente por se non chejaban os da casa. Facían falla uns catro homes e máis o matachín; un ajarrando os pés de atrás, outro a barrija, outro os pés de diante e un máis para a cabeza do animal. Lojo o matarife, coitelo en ristre, era o que defuntaba o cocho. Tamén facían falla dúas ou tres mulleres: unha para recoller o sanjre nuha tina cun cachiño de allo dentro e sempre revolvendo para que non se callara (se se callaba non valía para a chanfaina nin para os chourizos); e outras dúas mulleres para ir lavar as tripas ao río. Isto era basicamente a matanza de toda a vida, a que sempre se fixo na miña casa… pero claro os tempos cambian e todo se moderniza. A xente vai ao extranxeiro e ve cousiñas novas, evolución que ao fin e ao cabo fai que a civilización estea sempre en movemento para mellorar. Meu irmán, o máis vello, foi un deles, un dos que estivo no extranxeiro e veu cousas modernas, cousas impensables na nosa casa… Estivo en Suiza.

Así que un bo ano, cando xa era hora de matar o porco, meu pai decidiu que era mellor esperar a que meu irmán viñera de vacacións para que nos botara unha man na matanza. E así foi como ese ano esperamos a Eustaquio. Total tampouco se ía retrasar tanto o asunto. Máis ou menos un mes. Sempre viña arredor do quince ou vinte de decembro.
Meu irmán era un home que lle justaba moito mirar cara adiante. Sempre dicía que as cousas sempre se poden mellorar, que a vida tiña que evolucionar, que non podiamos quedar sempre no que se fixo toda a vida. Por que sejar a herba seca coa jadaña, se se pode sejar coa sejadora de rabelas, que jodiamos menos o lombo e por riba acababamos moito antes. Tiña razón. Así que cando chejou a véspera do jran día de matar o porco, meu pai dixo de ir chamar aljún veciño que nos viñera botar unha man para ajuantar do porco. A isto meu irman díxolle que non facía falla ninguén, que ben o matabamos os da casa. Sejún el, meu pai, miña nai, eu e máis el chejabamos e sobrabamos, porque este ano iámolo matar con corriente. Ostia! con corriente, dixo meu pai, e lojo meu filliño como o pensas matar con corriente? que nunca tal vin. Eustaquio empezou a describir con todo luxo de detalles que en Suiza os porcos matábanos cunha descarja eléctrica e un home solo chejaba para liquidalo. Era moi fácil tal como nos contaba. Parece ser que lle poñían unhas pinzas metálicas jrandes detrás das orellas ao animal e cando lle daba o calambrazo xa quedaba estirado no chan e solo había que chantarlle o coitelo para sanjralo. Era moi fácil e rápido. Nós moi convencidos non estabamos… pero, carallo! Como dicía meu irmán, en Suiza estanche moi adiantados, e se en Suiza matan así o porco dende hai moito tempo pois por probar…Maldita a hora que dixemos que si que o iamos matar coa corriente do carallo.

Ese día levantámonos ás seis da mañá. Almorzamos. E eu xa fun directo ao cortello para baldear ben o chan. Se ao porco lle iamos dar o latijazo de corriente no cortello tampouco era cuestión de que estivera cheo de merda onde caera o animal. Unha hora botei coa manjeira lavando o cortelliño e máis o animal, para que estivera impoluto. Lojo xa chejaron meu irmán, meu pai e miña nai. Eustaquio traía na man un cable blanco, o típico cable de dous fíos de cobre, e un ladrón dos que se poñían nos portalámparas para roubar corriente dun bombillo. Meu pai co coitelo de sanjrar o porco e miña nai cunha tina de zinc, xa co allo dentro e un cucharón para remexer o sanjre. Entrou meu irmán no cortello; desenroscou o bombillo e enroscou o ladrón; enchufou o cable e ajarrou o outro extremo, xa o tiña pelado e separado para poñerllo detrás das orellas ao cocho. Dixo que ben valía así, sen as pinzas, que a corriente íalla dar ijual. Botei unhas verzas no chan para que o porco estivera quieto e non houbera que andar atrás del para poñerlle os cables. Cando empezou a comer empezamos nós a faena.

Dentro do cortello: o porco, eu, meu pai (apoiado na portexola do cortello co coitelo na man, esperando a que o porco caera morto para chantarlle o coitelo e sanjralo), miña nai (un pouco máis atrás de meu pai, tina e cucharón en ristre para recoller o sanjre) e meu irmán (cos cables, un en cada man, listo para descarjarlle  ao pobre do animal aqueles 125 voltios que había na casa). Chino, chino, chiniiiiiño, chino, dicía Eustaquio ao mesmo tempo que se ía acercando pouco a pouco cos cables ao pescozo do cocho. Dios! Case se cortaba a tensión naquel cortello. Iamos ver como ía morrer aquel pobre bicho pola decarja de tanta corriente xunta. Aljo nunca antes visto na nosa casa.
Por fin meu irmán tocoulle ao porco cos cables detrás das orellas. Mecajo na virjen! Non sei quen foi o que berrou máis… meu irmán, o porco ou eu. Mira, foi digno de ver, eh! O cortello todo mollado despois de baldear case unha hora. A corriente pasou polos tres como un lóstrejo. Saltaron os plomos e quedamos sen luz. Eu vin chispas. Non sei se foi polo calambrazo ou se foi o porco ao patinar no chan de cemento do cortello.
Saír saiu disparado. Abatiu co meu irmán contra o balado do cortello. Bateu contra a portejaza onde estaba meu pai apoiado mirando para nós. Abatiu con el contra uns sacos de abono que estaban no outro lado apoiados a parede; o coitelo que tiña na man tardamos tres días en dar con el. Pasou por xunta miña nai, a pobre co cucharón levantado nuha man e na outra a tina de zinc; non lle deu tempo nin a decir ai!
Nunca chejei a pensar que un porco tivera tanto repriss! Mandouse fóra da cabana e colleu pola conjostra arriba. Penso que subiría a uns cen quilómetros por hora, cara á casa de María da perna curta. Alí foi onde virou cara ao xestal vello e xa non lle volvimos ver o rabo.
Dous días e unha noite pasamos buscando nel. Cando o atopamos estaba  embouzado no medio dun brañoal. Berraba cada vez que nos aceracabamos que parecía que nos ía comer. Para sacalo de alí tivemos que chamar a José de San Croio, un veciño cazador. Meteulle dous tiros porque non había cristo que se chejara onda estaba. Animal! Que morte levou!
Ese ano pasamos sin chanfaina. Non puidemos recoller o sanjre. A carne non sabía ben, sería polo estrés que colleu despois da corriente. Por riba, meu pai con dúas costelas rotas, meu irmán cunha fendecha derriba do ollo dereito e miña nai que nuha semana no puido nin falar do medo que tivo cando veu vir o porco cara a ella... A verdade é que en Suiza estarán moi adiantados, non o nejo, pero para matar o porco mellor é chantarlle o coitelo e deixarse de caralladas, que lojo pasa o que pasa.

Así que, se ides facer aljunha evolución con calquera cousa doméstica, asejurádevos primeiro de ter todo o necesario para o seu correto funcionamento, aínda que vos dijan que no extranxeiro o fan desa maneira e que é moito máis sinxelo e práctico.

Un saúdo

Xan das Bolas.

lunes, 3 de enero de 2011

O Curandeiro do Monte

Hoxe tiven que ir ao médico a que me mirara unha perna. Parece que a reuma xa está empezando a foderme; os anos pasan amijo, e hai que mirarse de vez en cando. Polo menos ajora temos sejuridad social e un médico de cabeceira que sempre te pode atender. Non é coma antes, cando eu era un rapaz, que daquela médicos haberíaos, o que non había era sejuridad social nin cartos para ir xunta deles, polo que tiñamos que amañarnos cos remedios da casa e se tiñas sorte, con aljún curandeiro ou sanador que estivera cerca.    
Os curandeiros, por se non o sabedes, tanto compoñían un hombro, botábanche as cartas, curábanlle a ubre a unha vaca, ou dábanche aljo para o catarro, e incluso quitábanche o mal de ollo, cousa fodida esta, que había moita mala xente que che botaba o ollo mao encima, e fodíante vivo.
A estes curandeiros tiñámoslles moita fe. Sempre te sacaban dun apuro e como tampouco tiñan uns honorarios moi altos, tanto lles valía unha mota, como unha pela de manteca, unha jaliña ou calquera cousiña para pajarlles os servicios prestados. A voluntad, como eles dicían, tampouco eran moi aproveitados. Pois aló que iamos. Recordo un caso que lle pasou a un curandeiro dos mais famosos que houbo na zona onde eu nacín, coñecido por o Curandeiro do Monte.

O Curandeiro do Monte era un home solitario que vivía no medio dunha fraja, sin veciños cerca. Comía o que atopaba pola fraja e no río que por alí pasaba. E mais do que os veciños e xente que necesitaba dos seus servicios, lle levaban. Chejou a ser tan famoso que viña xente de todos lados, incluso dos concellos limítrofes e tamén mais aló da Pena Chantada. E para todos tiña un remedio ou unhas boas palabras. Había días que tiña tanta xente á porta, que lojo, lojo parecía unha romería. Era moi bo sanador, de feito os que estaban desahuciados ían xunta del. Recordo un caso que lle pasou a unha veciña miña coa súa vaquiña, á Tía María do Funjadoiro (mais coñecida pola Tía María do Jas, chamada así porque sempre andaba a dicir, mecajo no jas).
A tía María do Jás era unha señora xa entrada nos sesenta e moitos anos, viúva dende moi nova. O home morréralle dunha enchente de viño cando tiña trinta e poucos anos. Deixouna viúva cun fillo que era de todo menos traballador. Así que a pobre María tivo que saír adiante co fillo e mais coa casa, ela soíña como puido, volvéndose dura e correúda coma calquera home cavador da roza.

Pois esta boa muller tiña tres vaquiñas, que naqueles tempos xa non estaba mal de todo. Vacas jallejas, de cornos larjos, trenchudas e ben plantadas, que tanto ían por un carro de braña, como plantaban nas patacas, ou daban unhas cuncas de leite, para servicio da casa (daquela o leite non se vendía, comíase; e mais que houbera carallo!).

Pois un mal día a mellor vaca que tiña na corte, a Jallarda, empezou a poñerse enferma. Empezou a desjaxar, baixou ao leite e cada vez que a xunjía ao carro, parecía que vía o Demo, bruaba que non había Cristo que a ajuantara. Animal! Non tiña forza nin para poder co xujo. Así que a Tía María empezou a menciñar nela como sabía ou podía. Remilláballe unha pouca fariña e botáballa no fondo do balde cada vez que a encaldaba; daballe frejas con freixo cocido e moitas mais cousas. Pero a vaca cada vez ía a peor. Xa casi nin leite daba, nin comía, botaba o día deitada na corte sin levantarse, parecía que ía morrer dun día para outro. Así que decidiu chamar o veterinario a ver se lle podía facer aljo á pobre da vaca. Así foi que o chamou e cando veu, deulle unhas inxeccións, dicíndolle que xa vería como se poñía mellor despois duns días. Pero mira ti por onde, que a vaca despois de tres días non volvía por si, nin lavirjen. Cada vez ía a peor, os olliños enterrábanselle cada vez mais no testuzo, daba pena vela. Miña xoia!

A pobre muller xa desesperada non sabía que facer. Casi daba a vaca por perdida, unha vaquiña de leite sin cría tan boa, a mellor da corte. Vaia perda! Aconsellouse cun veciño a ver que lle parecía e díxolle que o mellor era chamar outro veterinario, a ver se este lle daba outra menciña. Sempre mellor ter dúas opinións que unha soa. Así o fixo, veu outro veterinario, mais menciñas, pero o resultado era o mesmo ou peor. Xa María daba a vaca por morta, cando o veciño lle falou do Curandeiro do Monte. Xa perdidos, que mais che dá, muller? por probar non vas perder nada.

E así foi como un día polo raiante, antes de saír o sol, púxolle a corda nos cornos á vaca e saíu cara á fraja onde estaba o curandeiro. Levoulle ben tempo chejar. Entre que a vaca, pobre animal, non cordeaba e o pouco ánimo que tiña, xa pasara do mediodía cando chejaron á casa do curandeiro.

Saíu aquel home de dentro da casa e prejuntoulle á Tía María que lle pasaba. Ela, casi chorando, explicoulle que era a mellor vaca da corte e que xa levaban visto dous veterinarios e que non puideran facerlle nada por revivila e que tiña jran perda se lle morría. A ver se el era quen de facer aljo por curala. O Curandeiro empezou a darlle voltas á vaca pasándolle a man polos cadrís, por debaixo da barrija, mirándolle a boca e os dentes, apalpándolle o ubre… Despois dun cacho apaxeando e mirando a vaca, dixolle:

- Mira, eu a vaca sánocha, pero tes que facer todo o que eu che dija, sin prejuntar, nin protestar, facendo todo o pé da letra tal como cho vaia dicindo.

- Ai, si oh! E se ma sanas, aínda cho hei de ajradecer ben.

- Ben pois amarra a vaca naquel castiñeiro, préndea reuta e que non se mova.

- Xa está!- dixo María.

- Ajora vente ti para eiquí e pon as mans derriba dese muro, baixa a cabeza e pecha os ollos.

- Imos aló. Recórdate que tes que facer todo o que eu che dija sin protestar.
           
Entón o home colleu un caldeiro con auja bendita e un ramallo de loureiro que tiña para estas ocasións, e empezou a botarlla por encima a vaca, e despois á Tia María, ó tempo que canturrexaba unha especie de salmo. Rematado isto, púxose detrás da Tía María, e díxolle:

- Levanta a saia e baixa o refaixo.

Á Tía María extrañoulle un pouco todo aquilo… pero a vaquiña tíñaa moi estimada, era a mellor da corte, así que tiña que facer todo o posible por sanala. Así obedeceu a todo o que o sanador lle dixo. Cando ela estivo lista co cú ao aire, o sanador, poñéndose detrás dela, baixou o pantalón e os calzóns, ajarrou o pau de mexar coa man dereita, acercouse á Tía María e empezoullo a restrejar polas cachas dicindo:
                       
- Darredor, darredor para que a vaca se poña mellor; darredor, darredor para que a vaca se poña mellor…

Así unhas cantas veces mais, ata que, pobre da vella, corenta anos sin palpar home, xa lle empezaban a entrar uns suores fríos e quentes. Dunha das veces, tal estaba coas mans apoiadas no muro e a cabeza baixa, botou as mans para atras e ajarrou ao sanador polas cachas, deu un tirón contra dela e díxolle:

- Polo medio, polo medio, aínda que a vaca non teña remedio.

Din as malas lenjuas que a vaca morrer, morreu, pero a Tía María do Jas botou unha temporada que a vían cantar polos lindeiros e polos camiños, contenta. Non sabían moi ben por que. E din tamén que de cando en vez faltaba casi un día enteiro, para ir ao sanador. Que ben é verdade que cando quedas contento dun médico, has mirar de voltar xunta del cando tes falta de aljunha outra curación.



Xan das Bolas.